FERRO é un proxecto cultural que quere falar de pertenza no seu sentido máis incómodo e honesto, explorando que significa recoñecerse nun territorio que non escolles ou que non coñeces; que significa recoñecerse nel aínda que che resulte aburrido ou alleo.
Dirixímonos á xente nova porque é quen vive esta tensión de xeito máis claro, mirando sempre cara fóra: cara as cidades, as pantallas ou calquera sitio que non sexa este. Pensamos tamén en quen é obrigado a non poder mirar cara adentro aínda que queira.
FERRO é un proxecto cultural que quere fortalecer o vínculo entre a xente nova e o patrimonio cultural. Este Arquivo, o lugar onde elas nos comparten a súa memoria visual.